GL | CAS | EN

Proxecto FECYT

Nas últimas décadas diminuíu o consumo de alimentos frescos característicos da dieta mediterránea a vez que aumentou o consumo de alimentos procesados ricos en graxas saturadas, azucres engadidos e sal. Isto, unido a unha importante redución da actividade física, está a contribuír a incrementar as taxas de sobrepeso e obesidade entre a poboación infantil. Tanto é así que actualmente estímase que 4 de cada 10 nenos e nenas e 3 de cada 10 adolescentes son obesos. Pero ademais, segundo a OMS, ao redor do 60 % da poboación infantil e o 80 % da poboación adolescente con exceso de peso arrastrará esta circunstancia á vida adulta. Polo tanto, a obesidade infantil estase a converter nun serio problema de saúde pública que, ademais, ten un impacto importante no desenvolvemento doutras patoloxías asociadas como a diabetes mellitus ou as enfermidades cardiovasculares.

Conscientes de que é durante a infancia e a adolescencia cando se configuran os hábitos alimentarios e os estilos de vida que persistirán na vida adulta, dende o grupo Food and Health Omics puxemos en marcha o proxecto “Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables dende a aula” (financiado polo FECYT no ano 2023). Isto permitiunos establecer alianzas co profesorado de Educación Primaria para formar aos consumidores do futuro ensinándolles a ler e entender a información nutricional recollida nas etiquetas dos alimentos procesados de forma que poidan coñecer canto azucre engadido, graxas saturadas, sal e estimulantes se esconde nos alimentos que este grupo de poboación consome habitualmente.

Material didáctico elaborado durante a experiencia

Cuestionarios de frecuencia de consumo
Fichas para os talleres
Cartas alimentos
Cartazes
Vídeos didácticos

Galería de Imaxes

Concurso "Aprendo a ler o que como"

  • Resolución do concurso
  • Entrega de prémios (Galería de fotos)