Grupo Innovación Docente

No ano 2022, rexistramos na Universidade de Vigo o Grupo de Innovación Docente (GID) “Aliméntate con ciencia e conciencia” o cal promove un ensino no ámbito alimentario máis dinámico, participativo e centrado no alumnado mediante o emprego habitual de distintas metodoloxías activas así como de recursos educativos propios nas materias que impartimos tanto no Grao como no Mestrado.

Entre os obxectivos que persegue este GID destacan:

  1. Mellorar a calidade educativa. Estamos a explorar novas metodoloxías activas na aula e a desenvolver novos recursos didácticos (vídeos, infografías e podcasts) que favorezan unha aprendizaxe máis dinámica e participativa no ámbito alimentario por parte do alumnado.

  2. Fomentar a motivación. Cremos que a implantación destas novas dinámicas de aprendizaxe favorece a motivación tanto do alumnado coma do profesorado, especialmente naquelas materias mais áridas

  3. Lograr un maior impacto na aprendizaxe. As actividades do GID impactarán tanto nos resultados académicos (mellores taxas de rendemento e éxito) como no grao de satisfacción do alumnado co proceso de ensinanza-aprendizaxe.

  4. Compartir recursos didácticos, boas prácticas e experiencias mediante actividades de divulgación e publicacións dos resultados obtidos.

  5. Fortalecer a colaboración académica. Fomentamos un ambiente de intercambio de experiencias e boas prácticas entre os docentes de distintas disciplinas e, incluso, doutros grupos de innovación docente.

  6. Mellorar o desenvolvemento profesional docente dos membros do grupo. Promovemos a participación activa en cursos de formación en innovación docente para adaptarnos as novas formas de ensino.

  7. Impulsar a innovación docente no ámbito universitario.

Recursos educativos creados polo grupo: