É Licenciada en Grao en Ciencias Químicas pola Universitat de Barcelona desde o ano 1995. Durante a súa etapa pre-doutoral estivo contratada pola Fundación Bosch i Gimpera (4 anos) para realizar a súa Tese Doutoral na Estación de Tratamento de Auga Potable da empresa de Augas de Barcelona, centrada na identificación dos subprodutos de desinfección xerados no proceso de potabilización da auga do río Llobregat. Defendeu a súa tese doutoral no ano 2000 na mesma universidade. Nese mesmo ano, incorpórase como investigadora post-doutoral na área de Nutrición e Brotamoloxía da Universidade de Vigo, primeiro como investigadora na Cátedra CORWN, despois como Investigadora Visitante e po último como Investigadora Parga Pondal da Xunta de Galicia. No ano 2007 consolídase nesta universidade como Profesora Contratada Doutora e, desde o ano 2009, como Profesora Titular. Na actualidade está acreditada como Catedrática da Universidade.
A súa actividade investigadora centrouse inicialmente en avaliar como a aplicación no viñedo de produtos fitosanitarios formulados con funxicidas de nova xeración podían modificar a cor (polifenois) e o aroma dos viños finais como en determinar a porcentaxe de disipación dos niveis residuais de funxicidas na uva ao longo do proceso de vinificación. Neste período, traballou estreitamente co Consello Regulador da D.O. Valdeorras e co Grupo de Traballo da Vide.
Na actualidade, co-dirixe unha liña de investigación volcada no estudo dos aceites galegos elaborados con variedades autóctonas, tanto na súa caracterización como na avaliación das súas propiedades saudables asociadas ao seu elevado contido de compostos fenólicos coa investigadora Carmen González Barreiro. Nos últimos anos, no marco do proxecto de investigación OILDIABET financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, coordinou un ensaio clínico con facultativos dos Servizo de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para avaliar o potencial antidiabético destes aceites en pacientes diagnosticados con diabetes mellitus tipo 2.
Ao longo da súa actividade investigadora, liderou dous proxectos nacionais e un proxecto autonómico; e ademais participou en tres proxectos internacionais, catro proxectos nacionais, sete proxectos autonómicos e dez contratos con empresas. Publicou máis de cen artigos internacionais en revistas científicas de alto impacto.
É Licenciada con Grao e Doutora en Química pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2002. Nesa Universidade comezou a súa actividade investigadora no campo do screening medioambiental e alimentario, no cal afondou durante as súas estancias post-doutorais no “The Institute for Water Quality and Resource Mangement” na Universidade Técnica de Viena (2002 – 2004) e na Axencia Federal de Medio Ambiente Austríaca (Umweltbundesamt Wien) (2004-2005).En decembro de 2005 incorpórase como investigadora post-doutoral na área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo, na que obtén a súa praza de Profesora Titular no ano 2010. Na actualidade está acreditada como Catedrática de Universidade.
As súas liñas de investigación centráronse en aspectos relacionados coa seguridade alimentaria e a saúde ambiental: o estudo da distribución de contaminantes químicos orgánicos (persistentes e pseudo-persistentes) e dos seus metabolitos, a exposición pre e posnatal a ditos contaminantes orgánicos, os seus efectos potenciais para a saúde do neonato. Nos últimos anos, o seu traballo focalizouse na aplicación da metabolómica dirixida e non dirixida en diferentes ámbitos relacionados coa saúde, como o estudo dos efectos dos compostos bioactivos no sistema inmune.
Ao longo da súa vida investigadora liderou un proxecto nacional e dous proxectos autonómicos; e ademais participou en seis proxectos internacionais, seis proxectos nacionais, dous proxectos autonómicos e cinco contratos con empresas. Publicou máis de 80 artigos internacionais en revistas científicas de alto impacto.
É Licenciada con Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo (2001) e Doutora pola mesma Universidade (2004). Finalizada a súa Tese Doutoral gozou dun ano de contrato no Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación (CACTI) da Universidade de Vigo con cargo a unha convocatoria para a incorporación temporal de tecnólogos da Xunta de Galicia. Entre os años 2005 e 2007 realizou distintas estancias post-doutorais de investigación na Universidade de Santiago de Compostela (cinco meses) na Universidade Nova de Lisboa (vintedous meses). No ano 2008, reincorpórase á Área de Nutrición e Bromatoloxía de la Universidade de Vigo primeiro como investigadora Parga Pondal da Xunta de Galicia e posteriormente como investigadora Ramón y Cajal. No ano 2013 consolídase na Universidade de Vigo como Profesora Contratada Doutora e, desde o ano 2020, é Profesora Titular de Universidade.
As súas liñas de investigación vincúlareonse estreitamente co estudo das implicacións agrarias e alimentarias do uso de produtos fitosanitarios nos viñedos. Na actualidade a súa investigación focalízase en estudar os mecanismos moleculares que modulan a resposta da microbiota fermentativa á presenza de residuos de produtos fitosanitarios nos mostos e as súas repercusións sobre a calidade (aroma e cor) dos viños obtidos.
Ao longo da súa actividade investigadora liderou tres proxectos nacionais y un proxecto autonómico; y ademais participou en catro proxectos internacionais, un proxecto nacional, dous proxectos autonómicos e nove contratos con empresas. Publicou máis de 80 artigos internacionais en revistas científicas de alto impacto.
É Licenciada con Grao en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora pola mesma universidade desde o ano 2003. Ao longo de toda a súa traxectoria pre e post-doutoral conseguiu varias axudas públicas en réxime de concorrencia competitiva para desenvolver e ampliar a súa formación docente e investigadora. Foi bolseira pre-doutoral da Fundación Benéfico-Docente Segundo Gil Dávila (1999-2000) e da Xunta de Galicia (2000-2003) no departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatología da Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolveu novas estratexias para a realización de ensaios de fotodegradación (foto-SPME) de diversos contaminantes orgánicos persistentes (POPs). Ademais, gozou de sendas bolsas post-doutorais da Xunta de Galicia (2004) e do Ministerio de Educación e Ciencia (2004-2006) na Axencia Medioambiental Austríaca (Umweltbundesamt), onde estudou a presenza e distribución de contaminantes orgánicos emerxentes mediante técnicas cromatográficas avanzadas en diferentes compartimentos medioambientais. A principios de 2008, conseguiu acceder a un contrato como tecnólogo a través del Programa Isabel Barreto da Xunta de Galicia e, un año despois, a un contrato de cinco años como investigadora baixo o Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia, ambos na Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo. Desde o año 2013 hasta o año 2018, foi docente interina na mesma área, consolidándose posteriormente como Profesora Titular no ano 2019.
Na Universidad de Vigo a súa labor investigadora centrouse fundamentalmente na avaliación da influencia dos residuos de produtos fitosanitarios na composición aromática do viño. Ademais, desde o ano 2010 lidera, xunto á profesora Beatriz Cancho, a liña de investigación relacionada co estudo dos aceites de oliva elaborados con variedades autóctonas galegas, tanto na caracterización da fracción aromática e fenólica como na avaliación das súas propiedades saudables.
Ao longo da súa traxectoria investigadora participou en máis de 25 proxectos de I+D de carácter nacional, autonómico e provincial, sendo investigadora principal en tres deles. Ademais, colaborou en 6 proxectos internacionais. É salientable a súa participación en cinco contratos de investigación con empresas, dos cales foi investigadora principal nun deles. É coautora de máis de 70 artigos en revistas internacionais de alto índice de impacto.
É Licenciada con Grao en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 2006. No ano 2013 defendeu a súa Tese Doutoral Internacional pola Universidade de Vigo (Premio Extraordinario de Doutorado) centrada no efecto da pasificación e o envellecemento sobre a composición fenólica de uvas e viños. Durante a súa etapa pre-doutoral realizou unha estancia na Universidade de Porto (catro meses). Finalizada a súa Tese Doutoral incorpoórase ao Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA, seis meses) ata que a finais do ano 2014 incorpórase como investigadora post-doutoral na Universidade de Porto, primeiro como investigadora do REQUIMTE (seis meses) e despois cun contrato post-doutoral da Xunta de Galicia-modalidade A (vintenove meses). A súa actividade nesta universidade centrouse na determinación de actividades neuroprotectoras e antidiabéticas en matrices alimentarias ricas en compostos fenólicos. No ano 2017, reincorporouse á Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo, primeiro como investigadora post-doutoral da Xunta de Galicia-modalidade B e desde o ano 2022 como investigadora dentro do programa de Retención de Talento de dita universidade.
A súa liña de investigación actual céntrase en avaliar a composición fenólica de alimentos e os seus efectos beneficiosos para a saúde mediante ensaios de bioactividade e intervencións nutricionais.
Ao longo da súa actividade investigadora participou en tres proxectos internacionais, dezanove proxectos nacionais e un contrato con empresa. Publicou máis de 35 artigos internacionais en revistas científicas de alto impacto.
É Licenciada con Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos desde o ano 2011. No ano 2015 defendeu a súa Tese Doutoral Internacional por la Universidade de Vigo (Premio Extraordinario de Doutorado) centrada na caracterización aromática e fenólica de olivas e aceites de oliva producidos en Galicia. Ao longo da etapa pre-doutoral realizou catro estancias de investigación en grupos nacionais e internacionais de recoñecido prestixio na Universidade de Castilla-La Mancha (cinco meses), a Universidade de Santiago de Compostela (dous meses), a Università di Bologna (Italia, tres meses) e na Universidade de Córdoba (un mes). No ano 2016 inicia a súa etapa post-doutoral na Università Politecnica delle Marche (Italia) cun contrato post-doutoral da Xunta de Galicia-Modalidade A (trinta e catro meses). A súa actividade nesta universidade centrouse na avaliación in vitro do efecto dos compostos fenólicos de diferentes matrices alimentarias (principalmente, aceite de oliva virxe, amorodo e mel) sobre distintos tipos de cancro utilizando liñas celulares. No ano 2019, reincorpórase na Área de Nutrición e Bromatología da Universidade de Vigo, primeiro como investigadora postdoctoral da Xunta de Galicia-Modalidade B e desde o ano 2021 como investigadora Juan de la Cierva-Incorporación.
A súa liña de investigación actual céntrase no estudo dos compostos fenólicos procedentes de matrices alimentarias sobre distintos aspectos da bioloxía atendendo a súa biodispoñibilidade e metabolismo unha vez inxeridos, utilizando diferentes modelos.
Ao longo da súa actividade investigadora liderou un proxecto rexional e ademais participou en catro proxectos internacionais, nun proxecto nacional, nun proxecto autonómico, na COST Action MitoEAGLE CA15203 e nun contrato con empresa. Publicou máis de 60 artigos internacionais en revistas científicas de alto impacto.
É Licenciada con Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo desde o ano 2007. No ano 2010 defendeu a súa Tese Doutoral por la Universidade de Vigo. A súa experiencia investigadora suma máis de 12 anos de experiencia post-doutoral en diferentes etapas que inclúen estancias en institucións nacionais e internacionais, incluídos tres anos en CSIC (España), dous anos en CIQUP (Portugal) e sete años en LAQV-REQUIMTE (Portugal). No ano 2022 incorpórase novamente na Universidade de Vigo como investigadora María Zambrano. Na actualidade goza dun contrato Ramón y Cajal.
A súa investigación céntrase na recuperación e caracterización de compostos bioactivos de alimentos e subprodutos Agroalimentarios, a análises da composición nutricional en alimentos e a súa funcionalidade. Os obxectivos específicos céntranse en integrar e desenvolver liñas de investigación para utilizar os polifenois (PP) como moduladores das reaccións inmunes aos alimentos. Ademais, estivo involucrada en investigacións adicionais para comprender o impacto das interaccións moleculares entre os PP e outros compoñentes dos alimentos (polisacáridos e proteínas) nas propiedades organolépticas dos alimentos (textura (propiedades de emulsión)-sabor (amargor e astrinxencia) co fin de deseñar alimentos de orixen vexetal saludables e saborosos.
Ao largo da súa actividade investigadora participou en dezaoito proxectos de investigación, incluídos catro proxectos en colaboración coa industria (Bioclarvino, IDFoods, cLabel+, VIAFOOD), unha acción COST (Sourdomincs) e un programa Interreg (Iberphenol), asumendo un papel fundamental como Project/Task Manager ou PI nos 5 más recentes, de gran proxección internacional. Actualmente, és la coordinadora do proxecto europeo WHEATBIOME.
Publicou máis de 50 artigos científicos. Colaborou no desenvolvemento de dúas patentes e foi premiada polo prestixioso EITFood no marco do evento Digieduhack, Lisboa-Hack the Food System, o Comité Científico da Conferencia Internacional sobre Polifenois e Saúde e pola Sociedade Portuguesa de Química.
É Licenciado en Enxeñería Química polo Instituto Tecnolóxico de Villahermosa (México) dende o ano 2014 e ten un Mestrado en Investigación e Industria Química pola Universidade de Santiago de Compostela (2016) con especialidade en Técnicas Analíticas Avanzadas. En 2022, defendeu a súa Tese Doutoral en Ciencia e Tecnoloxía Química pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa traxectoria investigadora inclúe estancias predoutorais na Universidade do Porto (Portugal, 2018) e posdoutorais na Warsaw University of Life Sciences (Polonia, 2023-2025), onde traballou como Profesor Asistente de Investigación. En 2025, incorporouse ao grupo Food and Health Omics da Universidade de Vigo mediante un contrato Juan de la Cierva Incorporación (JDC2023 052954-I) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A súa liña de investigación céntrase no desenvolvemento de estratexias analíticas avanzadas e sostibles (microextracción, cromatografía, espectrometría de masas, e deseño experimental) aplicadas a seguridade alimentaria e ao desenvolvemento de novos produtos con especial énfase nas fórmulas infantís e produtos de orixe vexetal, abordando contaminantes de procesado e marcadores de calidade e estabilidade.
Ao longo da súa traxectoria, participou en varios proxectos de investigación nacionais e internacionais e liderou dous deles: Analytical strategies for assessing oxidative state and stability of plant-based food products (NCN, Miniatura 7, 2023–2024) e BEVEGAL- Desenvolvemento de bebidas vexetais con orixe galega a partir de castaña e faba de Lourenzá, con enriquecemento bioactivo e enfoque circular (INOU+ POSDOU Campus Auga, 2025). É coautor de 31 publicacións en revistas científicas de alto impacto internacional e editor invitado da revista Journal of Applied Science (MDPI). Foi recoñecido co Accésit do XI Premio Julián Francisco Suárez Freire para xóvenes investigadores da Real Academia de Farmacia de Galicia (2024), co Rector’s Award for Excellence in Research da SGGW (2025) e obtivo 5 premios “IACOBUS papers” polas súas publicacións científicas.
É Enxeñeira Técnica Agrícola pola Universidade de Vigo desde o ano 2012. No ano 2014 inicia os seus estudos de Doutorado en el Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo financiados cunha axuda para a formación de profesorado universitario (FPU). No ano 2019 defendeu a súa Tese Doutoral Internacional (Premio Extraordinario de Doutorado) por esta mesma universidade centrada en avaliar o efecto da aplicación de funxicidas comunmente empregados no cultivo da vide sobre o contido polifenólico e cor dos viños, así como a súa influencia sobre o perfil proteico das lévedos encargadas da fermentación. Durante a súa etapa pre-doutoral realizou unha estancia de tres meses no Politécnico de Milán (Italia). En xuño do ano 2021 incorpórase no Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA, sete meses) ata que en abril de 2022 reincorpórase na Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo.
Na actualidade conta cun contrato de investigación indefinido no grupo de investigación Food and Health Omics onde realiza tarefas de posta en marcha e control de experimentos de fermentación alcohólica e maloláctica en ausencia e presenza de funxicidas; análise de compostos volátiles en mostras enolóxicas e análise do proteoma da microbiota fermentativa (lévedos e bacterias lácticas).
Ao longo da súa actividade investigadora participou en dous proxectos nacionais. Publicou máis de 10 artigos internacionais en revistas científicas de alto impacto.
É Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade Zamorano (Honduras) dende o ano 2007. En 2009 iniciou os seus estudos de posgrao no Departamento de Ciencia dos Alimentos e Nutrición Humana da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (UIUC, EE. UU.), onde obtivo o grao de mestría en 2011. O seu traballo de investigación contribuíu á patente estadounidense n.º 9,504,274 (2016).
Tras graduarse, traballou no Centro de Investigación e Desenvolvemento de PepsiCo en Barrington (Illinois). Posteriormente, regresou á UIUC, onde se doutorou en Ciencia dos Alimentos e Nutrición Humana no ano 2019. A súa investigación doutoral centrouse na caracterización da zeína extraída dos solubles de destilería, un subproduto do proceso de produción de etanol por moenda en seco.
En 2019, incorporouse ao Laboratorio de Nutrición Monogástrica do Dr. Hans H. Stein como investigadora postdoutoral, onde participou en estudos relacionados coa avaliación de proteínas en alimentos para consumo humano utilizando o porco como modelo animal. Ademais, contribuíu ao establecemento dunha base de datos de fibra dietética soluble (Soluble Dietary Fiber, SDF), insoluble (Insoluble Dietary Fiber, IDF) e total (Total Dietary Fiber, TDF) en ingredientes utilizados na nutrición animal.
Actualmente, forma parte do grupo de investigación Food and Health Omics, onde colabora no estudo de compostos bioactivos procedentes de matrices alimentarias (principalmente aceite de oliva virxe, framboesa, améndoa e laranxa) e o seu impacto en distintos aspectos da bioloxía, atendendo a súa biodispoñibilidade e metabolismo tras a inxesta, mediante o uso de diferentes modelos experimentais.
Ao longo da súa carreira, participou en varios proxectos de investigación e contratos coa industria. É coautora dun libro e de tres artigos científicos publicados en revistas internacionais de alto impacto.
É licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo dende o ano 2011. En 2014, tras realizar o seu Máster en Biotecnoloxía Avanzada (especialidade de Tecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria), comezou os seus estudos de Doutoramento no Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria de Lugo. No ano 2019 defendeu a súa Tese de Doutoral centrada en avaliar a toxicidade das biotoxinas mariñas mediante modelos in vitro e in vivo. Os seus resultados utilizáronse como base para a elaboración dun informe da EFSA sobre os riscos para a saúde pública relacionados coa presenza de tetrodotoxina.
Actualmente, forma parte do grupo Food and Health Omics colaborando nunha liña de investigación centrada en avaliar a biodispoñibilidade dos compostos bioactivos do aceite de oliva e a estimación do seu potencial antiinflamatorio mediante o uso de liñas celulares, así como, o potencial antidiabético de aceites de oliva en pacientes obesos diagnosticados con diabetes mellitus tipo 2.
Ao longo da súa carreira investigadora participou en 6 proxectos nacionais e internacionais e publicou máis de 10 artigos en revistas científicas de carácter internacional de alto impacto.
É Graduada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo dende o ano 2023. No ano 2024, tras realizar o seu Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental na Universidade de Vigo, comezou os seus estudos de Doutoramento na Área de Nutrición e Bromatoloxía da mesma universidade baixo a dirección da profesora Raquel Rial. A súa investigación céntrase no estudo dos mecanismos de adaptación dos fermentos vínicos (Saccharomyces e non-Saccharomyces) á presenza de funxicidas no mosto de uva empregando un enfoque multiómico.
Colaborou no proxecto nacional “Efecto dos funxicidas sobre a microbiota do viño e a composición do viño de uva branca” enfocado en estudar os efectos dos funxicidas sobre a microbiota fermentativa e a calidade dos viños. Ademais, tamén participou no proxecto internacional “Expertise and Technology for São Tomé and Príncipe: Bioresources for Food (TecBioFood)” enfocado na transferencia de coñecementos e competencias á Universidade de Santo Tomé e Príncipe (USTP) para a posta en marcha dun Laboratorio de Tecnoloxía Alimentaria na USTP co obxectivo de transformar e valorizar as froitas e verduras autóctonas. É coautora dun artigo publicado nunca revista científica de alto impacto e na actualidade é beneficiaria dun contrato predoutoral da Xunta de Galicia.
É graduada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo dende o ano 2021. No ano 2023, tras finalizar o seu Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada na Especialidade de Biotecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria, comezou os seus estudos de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, incorporándose á Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo baixo a dirección da profesora Elena Martínez. A súa investigación céntrase no estudo da exposición postnatal a contaminantes orgánicos en exosomas de leite materno.
Colaborou co Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) no marco dun contrato a cargo da «Rede de investigación en intervencións de atención primaria para previr enfermidades crónicas maternas e infantís de orixe perinatal e do desenvolvemento» (RICORS-SAMID) do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII). Foi beneficiaria dun contrato predoutoral do Campus Auga da Universidade de Vigo e, actualmente, posúe un contrato FPU (Formación de Profesorado Universitario) do Ministerio de Universidades.
É Graduado en Bioloxía pola Universidade de Vigo dende o ano 2022. No ano 2023, tras realizar o seu Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental na Universidade de Vigo, comezou os seus estudos de Doutoramento na Área de Nutrición e Bromatoloxía da mesma universidade baixo a dirección das profesoras Mª Rosa Pérez y Elena Martínez. A súa investigación céntrase no estudo de estratexias innovadoras orientadas á caracterización das vías de redución da inmunoxenicidade do glute en variedades tradicionais de trigo galego. En particular, analiza o papel funcional do microbioma asociado ao trigo e a súa capacidade para modular a actividade das proteínas inmunoxénicas do glute, combinando estudos de carácter tecnolóxico e de procesamento agroalimentario con investigacións mecanísticas.
Colabora activamente en distintos proxectos de investigación competitivos de ámbito europeo e autonómico (WHEATBIOME – Unravelling the potential of the wheat microbiome for the development of healthier, more sustainable and resilient wheat-derived food & feed products e TRANSFORM – Traditional Galician Wheat and its Microbiome: Revolutionizing food systems for Optimal Nutrition and Sustainable Transformation) orientados ao desenvolvemento de sistemas alimentarios máis saudables, sostibles e resilientes. No marco destes proxectos, contribue á xeración e difusión de coñecemento científico e participa en actividades de transferencia de coñecemento e tecnoloxía relacionadas coa valorización de recursos agroalimentarios tradicionais. Na actualidade, desenvolve a súa actividade investigadora como beneficiario dun contrato predoutoral do Campus Auga.
É graduado en Bioquímica pola Universidade de Coimbra dende o ano 2020 e ten un Mestrado en Bioquímica pola Universidade do Porto. Durante o seu mestrado, recibiu unha bolsa EIT Food RIS para traballar no Instituto IMDEA Food (Madrid). Actualmente, está a realizar os seus estudos de doutoramento na Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo baixo a dirección da profesora María Rosa Pérez Gregorio. A súa investigación céntrase en estudar os efectos dos polifenois na dixestión e a alerxenicidade das proteínas do leite, na súa capacidade para modular diferentes células do sistema inmunitario e o seu impacto na composición das poboacións bacterianas ao longo do tracto gastrointestinal.
Colaborou nos proxectos cLabel+ (Innovative natural, nutritious and consumer-oriented «clean label» foods, POCI-01-0247-FEDER-046080) e VIIAFOOD (Mobilizing Agenda for the Agri-Food Sector, C644929456-00000040) enfocados en desenvolver produtos con ingredientes naturais e aditivos limitados que cumpran as expectativas dos consumidores en termos de seguridade, calidade e valor nutricional. Ten experiencia en diversas técnicas relacionadas cos campos da bioquímica e da bioloxía molecular, incluíndo o cultivo e tratamento celular, ensaios de viabilidade celular (ensaios MTT e de vermello neutro), cultivo e tratamento bacteriano, extracción e cuantificación de proteínas, cuantificación de metabolitos extracelulares por espectrometría de masas, SDS-PAGE, clasificación celular por activación de fluorescencia (FACS) e RT-qPCR.
É Técnica de Laboratorio de Diagnóstico Clínico dende o ano 2004 e conta cunha ampla traxectoria no eido da investigación biomédica. Ao longo da súa carreira, traballou en diversos centros de investigación, entre eles o ICCC (Institut Català de les Ciències Cardiovasculars) e os grupos BioFarma e PrionLab ambos no CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa no marco do proxecto WHEATBIOME (Unravelling the potential of the wheat microbiome for the development of healthier, more sustainable and resilient wheat-derived food & feed products), onde desenvolve técnicas de bioloxía molecular e celular. É coautora de 7 artigos publicados en revistas científicas internacionais de alto impacto.