O núcleo do grupo de investigación Food and Health Omics está integrado por catro Profesoras Titulares da Universidade de Vigo que desempeñamos a nosa labor investigadora na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. Vimos traballando conxuntamente dende o ano 2008 e no ano 2021 decidimos constituírnos como novo grupo de investigación dentro da Universidade de Vigo. Dende o ano 2022 somos grupo de Referencia Competitiva recoñecido pola Xunta de Galicia.
O grupo viuse reforzado coa incorporación de tres investigadoras post-doutorais, un investigador pre-doutoral e un técnico de laboratorio. A incorporación deste novo persoal permitiu afianzar as liñas de investigación existentes e abrir outras novas relacionadas cos ámbitos de traballo do grupo.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.Aceptar