GL | CAS | EN

Instrumentación preparativa

Extracción

Sistema automático de extracción con disolventes presurizados de compostos principalmente orgánicos a partir de mostras sólidas e semisólidas. Permite a preparación de mostras dunha maneira rápida e segura grazas ao seu alto grao de automatización, pudendo aplicar un procedemento de extracción simultánea de ata 4 mostras cun volume máximo de 120 mL.

Aplicacións: extracción de contaminantes en matrices alimentarias, ambientais e biolóxicas.

Sistema que permite procesar simultaneamente 24 mostras mediante a técnica de extracción en fase sólida.

Aplicacións: extracción de compostos fenólicos, compostos aromáticos, contaminantes orgánicos e inorgánicos en matrices alimentarias, ambientais e biolóxicas.

Instrumento portátil de interrupción de mostras, deseñado para homoxeneizar, triturar ou lisar mostras biolóxicas e ambientais de maneira rápida e eficiente. É un mecanismo instalado sobre unha ferramenta rotativa (Dremel®) que pode alcadar entre os  600 e 4800 ciclos por minuto. Permite o procesado simultáneo de 2 mostras en viais estándar de 2 mL e conta con diferentes tipos de matrices de lise en función da mostra a tratar.

Aplicacións: permite a lise completa de calquera tecido ou célula, permitindo unha extracción e aillamento estable e reproducible de ARN, proteínas e ADN.

Dispositivo de dispersión de alto rendemento. Permite traballar nun amplo intervalo de velocidades (3000-25000 rpm).

Aplicacións: preparación e homoxeneización de mostras.

  • Modelo 5800 de Branson. Dispón de desgasificador, temporizador e modo de apagado automático. Dimensións do tanque 9,5 L.
  • Modelo 3510 de Branson. Dispón de desgasificador, temporizador e modo de apagado automático. Dimensións do tanque 5,7 L.

 

Evaporación/Concentración

Sistema automatizado de evaporación de disolventes mediante corrente de nitróxeno. Permite procesar simultaneamente ata 24 mostras. O uso de nitróxeno minimiza a oxidación da mostra pola súa natureza inerte.

Aplicacións:  evaporación de disolventes e concentración de mostras.

  • Vacuum controller V805: para a regulación e indicación das condicións de baleiro no intervalo de funcionamento desde 0 mbar ata presión atmosférica.
  • Vacuum system: para a evacuación do evaporador rotativo de hasta 10 mbar.
  • Heating Bath B-490: baño calefactor que serve como fonte de calor para as destilacións.

 

Aplicacións: destilación de disolventes e evaporación de disolventes.

Sistema de concentración centrífugo a “baleiro”, para o que conta cun sistema de baleiro (Laboratory-Vacuum-System de Welch). Dispón de dous tipos de rotores sendo capaz de traballar con tubos de 1,5/2 mL e 50 mL. Permite o control de tempo e temperatura. Equipado cun regulador programable de temperatura externo con temporizador.

Aplicacións: evaporación de disolventes de diferente natureza así como concentración de mostras.

Deseñado para evaporar, concentrar e purificar, de forma segura nunha contorna pechada, tanto disolucións ácidas como orgánicas. Dispón de 12 posicións para recipientes de 125 mL. A evaporación de disolvente ten lugar mantendo unha temperatura constante, uniforme e controlada, lixeiramente por debaixo do punto de inicio de fervido do disolvente. O proceso realízase nunha contorna pechada, eliminando as fontes externas de contaminación.

Aplicacións: evaporación e concentración dunha gran variedade de disolucións e ácidos (HNO3, HF, HCl, NH4OH, H2O2).

Centrífugas

Equipada con rotor angular de 6 posicións que permite o uso de tubos de 15 e 50 mL, e unhas RPM máximas de 9000 min-1.

Modelo para tubos entre 0,5 e 2 mL de volume. Combina alta velocidade de centrifugación coa posibilidade de mestura. O equipo permite xirar e axitar vigorosamente calquera sustancia durante un tempo establecido. Dispón de 7 niveis de centrifugación entre 1000 e 7000 rpm e 6 niveis de axitación.