A etiquetaxe de produtos alimentarios. Novas tendencias e control
A información facilitada a través da etiquetaxe dos productos alimentarios é unha ferramenta útil e imprescindible para que o consumidor poida escoller conscientemente aqueles alimentos que vai consumir. Esta información está en evolución constante e por iso é importante coñecer as últimas tendencias en etiquetaxe e os controis que efectúa a administración pública co gallo de garantir o cumprimento da normativa europea.
En todo este proceso os tecnólogos de alimentos xogan un papel primordial.
Esta xornada pretende ser un punto de encontro entre os distintos axentes da cadea alimentaria que trasladarán a súa experiencia e nos adelantarán os cambios na etiquetaxe que están por chegar.