Permite traballar no intervalo de temperaturas de + 2°C a + 40°C cunha resolución de 0,1°C. A cabina está equipada con enchufes no interior o que facilita o emprego de axitadores durante o proceso de incubación.
Permite o funcionamento en condicións estériles e libres de partículas grazas ao lavado continuo da área de traballo mediante un fluxo de aire ultrafiltrado e vertical unidireccional.
Permite traballar en condicións estériles controlando os rangos de temperatura (de +18 a + 50 °C), humidade (de 40 a 97 % rh), CO2 (de 0 a 20 %) e O2 (de 1 a 20 %).
Permite o reconto de células así como a avaliación da viabilidade celular sen a necesidade de empregar portaobxetos. Dispón de detección por campo claro e dous canais de fluorescencia, con axuste da cámara segundo o intervalo de concentración e tamaño celular.
Permite traballar nun intervalo de lonxitude de onda de 340 a 750 nm baixo un control preciso da temperatura. Resultados facilmente interpretables a través do software Manta. Amplamente empregado en ensaios cinéticos.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.Aceptar